Ir al contenido principal

Primeiros achegamentos con Ardora (realización da primeira e cuarta actividade)

Boas tardes a tod@s!

Hoxe reunímonos as miñas compañeiras e mais eu para avanzar un poquiño coa nosa actividade e co reino animal. Como podedes ver no título da entrada, comezamos a traballar coa aplicación Ardora. Tivemos algúns problemas para descargala pero grazas a axuda do profesor Eulogio conseguimos facelo e probar a realizar a nosa actividade.

Como primeira actividade tiñamos unha sopa de letras na que os nenos e nenas tiñan que atopar o nome de distintos animais (vertebrados e invertebrados) despois dunha explicación por parte da mestra. A verdade é que resultounos bastante sinxelo facela pois Ardora é unha aplicación que non require de moitos coñecementos para poder utilizala.

Fonte: elaboración propia


Aproveitamos tamén a quedada para realizar a cuarta actividade que consiste na visualización dun documental sobre o reino animal https://www.youtube.com/watch?v=q7DNqj0H6lA co que terán que recoller os datos u os aspectos que lles parezan máis importantes para unha posterior posta en común.

Para explicarlles esta actividade, contamos coa axuda de https://www.genial.ly/es unha aplicación online na que se poden facer presentacións moi orixinais e tamén para saír un pouco do tan coñecido e utilizado PowerPoint e utilizar outros recursos TIC cos que, persoalmente, traballamos na primeira actividade na que debíamos de facer unha presentación para que os nosos compañeiros coñecésennos.


Fonte: elaboración propia


A presentación  conta cunhas diapositivas nas que lles explicamos aos alumnos e alumnas que estean atentos ao documental porque logo terán que expoñer as súas ideas principais.


Moita sorte a todos e ánimo que queda pouco!!😇😇😇😇😇





Comentarios

Entradas populares de este blog

Problemas coa descarga de Ardora

¡BOs DÍAS, COMPAÑEIROS! Carmen, Elena e mais eu reunímonos un segundo día, o xoves 27 de abril para continuar coa preparación das tarefas da nosa unidade didáctica.  Acordádesvos do problema co LibreOffice que tantos dores de cabeza nos causou? Pois... problema resolto!! A nosa compañeira Carmen descargou o PowerPoint versión proba e conseguimos refacer a presentación nesa aplicación.  Se estivestes atentos a anterior entrada do noso blog, saberiades que  a versión libre ía demasiado lenta e chegou a un punto no que  estabamos casi desesperadas. Pero todo isto solucionouse coa descarga do power point oficial e, así, puidemos rematar a actividade cinco.   Fuente: elaboración propia Outro problemiña que tivemos foi a descarga de Ardora. Carmen e máis eu (Natalia) comezamos a descargalo para poder facer as distintas tarefas propostas na nosa unidade didáctica.  O meu ordenador non me permitiu descargalo porque parecía unha ameaza para el e Carmen si conseguiu descargalo pe

Rematamos o noso traballo!

Boas tardes a todos e a todas! Chegamos á última quedada e rematamos o traballo! Despois dun longo e laborioso traballo, por fin rematámolo. Na última entrada do blog comentamos como realizaramos a última actividade que conforma a nosa unidade didáctica e, polo tanto, so nos faltaba comezar e rematar a guía didáctica. Antes de comezar a facela, estabamos un pouco nerviosas porque non tiñamos moita idea de como facela ou xa como empezar. Para poder atoparnos con algún exemplo, entramos no que nos deixou colgado no campus virtual o profesor Eulogio e, grazas ao puidemos comezar. Por se aínda non a empezastes (que xa deberiades tenerla rematada 😒😒😒) a guía debe constar de varias partes ou puntos como por exemplo a qué materia pertence o tema que estades a traballar, para cantos alumnos irá dirixida, que recursos utilizastes... etc. Pero tranquilos, que todos eses pasos están recollidos no exemplo do que falei antes. Gustaríanos facer unha valoración final e é que pareceunos u

Ruuuuleta de palabras e continuamos con Ardora

Boas tardes, compañeir@s! Hoxe, despois dunha comidiña na facultade, puxémonos a traballar nunha nova actividade para a nosa semana. Indagando un pouco nas distintas aplicacións que nos proporcionou o profesor Eulogio, atopámonos cunha que parecía en grao sumo interesante:  https://www.educaplay.com/ Fonte: elaboración propia  Educaplay é unha páxina na que se pode crear distinto contido educativo en forma de distintas actividades. Nós escollemos realizar unha ruleta de palabras pero... tivemos un pequeno problema e é que ao conter todo o vocabulario, non atopamos animais alcanzables por algunhas letras para nenos. Ademais de traballar con esta actividade, realizamos outra con Ardora, un xogo de memoria. Fonte: elaboración propia Esto foi todo o que fixemos por hoxe, esperamos comentarvos novas novidades pronto! Un saúdo e moito ánimo chicos!